Inicio  
 estadísticas ribadavia.net  
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Sábado 23 de Xullo de 2011

12:00 e 20:00 Espazo Ruadavia

Espectáculo: AS GALIÑAS (LES POULES)
Compañía GROUPE DEMONS ET MERVEILLES

Autoría e dirección: Hélène JOLLIVET-TAUDIERE
Intérpretes: Bernard BOIVEAU, Xavier JOLLIVET e Caroline MENARD
Público recomendado: TODOS OS PUBLICOS
Tipo de espectáculo: ESPECTÁCULO DE RÚA ITINERANTE. AS PITAS PODEN PICAR EN CALQUERA SITIO.
Duración: 2 SAÍDAS DO CORRAL de 30 MINUTOS (12 H E 20 H)

Sinopse:
Un animal mítico, patrimonio do noso imaxinario e da nosa vida familiar, unhas marionetas xigantes que entran no mercado, observan, pican e acompañan o noso quefacer diario.

__________________________________
20:00 e 21:15 Espazo Ruadavia: SAn Cristobo


Espectáculo: TROGLODITAS
Compañía TANXARINA


Dirección: EVARISTO CALVO
Autoría: EVARISTO CALVO e TANXARINA
Intérpretes: EDUARDO RODRÍGUEZ ‘TATÁN’, MIGUEL BORINES e ANDRÉS GIRÁLDEZ
Espazo escénico: A COVA TROGLODITA: 6m50 fondo, 4 m ancho e 3m alto
Iluminación: TANXARINA
Son / música: TANXARINA, EVARISTO CALVO
Indumentaria: CARLOS ALONSO
Caracterización: TANXARINA
Público recomendado: FAMILIAR, NEN@S de máis de 5 ANOS. Aforo limitado: 50 espectadores en cada pase.
Tipo de espectáculo: MONICREQUES e ACTORES
Duración: 40 min.

Sinopse:

Tres trogloditas convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria. A cova, onde asistiremos a un cómico espectáculo cheo de humor e loucura. Da man dos títeres e das súas primitivas habilidades imos coñece-la singular forma de vida dos nosos antepasados máis divertidos. Unha sorprendente ambientación, o orixinal linguaxe e unha prehistórica escenografía farán que o espectador perda durante a representación o sentido do tempo e do aburrimento.

  23:00 – Auditorio do Castelo

Espectáculo: Radio Armeniac
Compañía: The Jashgawronsky Brothers

Dirección: Diego Carli
Autoría: The Jashgawronsky Brothers
Intérpretes:
Paolo Rozzi - brother Pavel
Diego Carli - brother Suren
Anna Marcato - sister Ani
Silvio Bortoletto - brother Sylvian
Octavio Caballero - brother Octavio
Diego Zenato - brother Benjamin

Espazo escénico: Diego Carli
Iluminación: Cristian Lavagnoli
Música: Diego Carli - Silvio Bortoletto
Vestiario: Diego Carli - Anna Maria Marcato
Caracterización: Jashgawronsky Brothers
Público recomendado: Todos os públicos
Tipo de espectáculo: Comedia musical
Duración: 80 min.

Sinopse:
¡Son eles! Son os Irmáns Jashgawronsky, inventores do xénero musical máis extraño do mundo: A música de reciclaxe! Os sons máis incribles dos instrumentos más extraños feitos con obxectos cotiáns: tendedeiros como percusión, lavadoras musicais, táboas de pasar o ferro e máquinas fumegantes...
A música e o circo únense para dar vida a unha hora e media de comedia moderna, acrobacias e un toque de “sensualidade”. Laven ben os oídos e gocen dun espectáculo único no mundo no seu xénero!
Unha compañía formada por artistas que parten do orfanato de Yerevan, en Armenia e, unha vez instalados en Italia, comezan a difundir e perfeccionar o seu talento escénico e musical, acadando importantes premios en toda Europa.

Aquisición de entradas: https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php# Ata o día antes de cada espectáculo - www.servinova.es - Tel. 902 504 500

Feira do Viño venres domingo martes xoves sábado Festa da Istoria Festas do Portal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín