O
convento de Melón chegou a comprender dentro da súa
xurisdicción a capela de San Lázaro e o hospital
e barrio de ese nome, situado como a douscentos metros das murallas
da vila de Ribadavia, destinado a curación de leprosos,
gafos ou malatos, como se decía antigamente e enfermedades
análogas.
No frente da capela está esculpido o escudo de armas da
orden e do convento de Melón. Por máis que nos últimos
tempos de todo ese barrio non quedase máis que a capela,
basta examinar a parede Norte de éste templo exterior ou
dende as viñas que a circundan, para ver dende logo que
esa parede está construída por unha gran arcada
tapiada ó interior, pero visible e descuberta ó
exterior, demostrando que formou parte dun edificio de relativa
importancia.
Este edificio non pode ser outro que o hospital referido de Lazarinos,
que consta existiu nesta vila dende
ó século XIII, según consta
polos testamentos de |
|
|