Aínda
que esta igrexa data do século XII, a sua orixe podería
ser anterior. Antigamente era coñecida co título
e advocación de San Xés e a sua ubicación
primitiva estaba no interior do castelo, onde aínda quedan
restos do camposanto.
No século XIV, por mor da ampliación da fortaleza,
Pedro Ruíz Sarmiento decidiu trasladala ó seu emprazamento
actual.
Durante boa parte do medievo esta igrexa dependeu do mosteiro
de Celanova e probablemente esta parroquia xogou un importante
papel na cristianización dos xudíos. A partires
de 1486 coménzase a nomear ó templo co nome de Sta.
María Madalena.
Aínda que actualmente esta igrexa reservase para actividades
lúdico-recreativas, podemos ver nela un templo dunha soa
nave e fachada barroca, na que destaca o campanario.
|
|
|