| |
|
Construìda
a fináis do século XII. Románica. Foi recibida
por testamento en 1276 e 1294, na que existía unha cláusula
de doación ós clérigos e Frailes de San Xoan
do Hospital de Ribadavia. Os cabaleiros Hospitalarios de San Xoan
de Xeruxalén, chamados tamén de Rodas e de Malta,
atopábanse establecidos en Ribadavia dende finais do século
XII, coas súa igrexa e hospital anexos. Os cabaleiros da
orden estableceran un hospital para atender ó cuidado dos
numerosos peregrinos que en aqueles tempos se dirixían
a visitar o sepulcro do Apostol Santiago, os que ademáis
según o seu instituto debían defender e amparar
nas súas viaxes, pois como orden militar, estos relixiosos
á vida monástica, unián a militar no exercicio
e profesión das armas, que esgrimían en defensa
da fé e dos pereginos.
Eran pois, monxes guerreiros, pero non sacerdotes, senón
legos, e para os servizos espirituais tiñan un presbítero,
e na parroquia existía un Priorato. |
|
|
|
|
Na fachada de esta igresa atópase una porta, acantonada
por tres columnas a cada lado, e cuios capiteis son de follas,
figuras e monstruos. . En vez do rosetón coma a de santiago,
nesta ábrese unha ornamental fiestra de medio punto flanqueada
polas súas correspondentes columnas. Alumean a súa
nave, cuio teita é de madeira, catro riquísimas
fiestras de medio punto, idénticas ás que
se conservan na fachada e os arcos das
dúas bóvedas que dividen o prebisterio en dous corpos,
parecen descansar en soportes ou capiteis ornamentais. Consta
de un sò ábside e corpo cuberto por unha bóveda
de medio cañón, que declara a intelixencia do maestro. |
 |
 |
A rectoral sobre a que se pode ver a cruz labrada de 8 puntas,
símbolo da Orde, atópase unida a iglexa pola parte
de atrás. Destaca no seu interior o retablo barroco de
San Miguel e a imaxen da Virxen das Angustias (patrona do barrio
de San Xoán). |
|