|
|
|
É
unha manifestación do románico popular galego de
transición ó gótico. Inicialmente estivo
na marxe esquerda da poboación Ribadaviense.
É a primeira parroquia e igrexa que existiu en Ribadavia,
polo que ata a súa supresión titulábase "Matriz
de la Villa", é decir nai, pola súa antiguedade
de todalas demáis. Data do século XII.De pranta
rectangular con unha soa nave cuberta de teitumbre de Madeira,
a fachada está dividida en tres corpos. A portada contén
un arco de medio punto con tres arquivoltas que se sosteñen
por tres pares de columnas de capitéis con motivos vexetáis.
Á dereita de esta fachada está situada a torre de
campás. No seu interior pódense contemplar entre
outros un Santiago de pedra do s. XIV, pertencente a escola do
Maestro Mateo. Do seu exterior destacan as portas e fiestras cunha
soberbia decoración artística, así como os
arcos e un rosetón de 24 ocos. |
|
|
|
|
|