Índice de www.ribadavia.net
 Estadísticas de www.ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia
   
"Vive Ribadavia, Goza Ribadavia"
A antiga Ribadavia, Floravia de Otero Pedrayo, é unha referencia dentro da historia  de Galicia e de España, xa que os  viños que saían desta   vila foron apreciados e comercializados en toda Europa durante séculos.
Ribadavia foi referencia para escritores e monarcas. O seu conxunto histórico, declarado Ben de Interese Cultural Nacional é unha alfombra de pedra con fermosos edificios que evocan un pasado glorioso, entre os que destacan unha chea de  igrexas  románicas,  góticas e barrocas, os conventos de Santo Domingo e San Francisco coa ponte vella que cruza o río Avia.
Todo é artístico en Ribadavia, as súas porticadas prazas abertas ó Avia, a súa fortaleza “feudo dos Sarmientos” e as súas murallas que protexían por igual a Cristiáns e Xudeos. Suposto son de especial atractivo as súas festas e actividades culturais, entre as de maior fama de Galicia están: A Feira do Viño do Ribeiro, a Festa Istoria, ou
a Mostra Internacional de Teatro; igualmente son importantes a súa Semán Santa e as Festas na honra á Virxe do Portal.
Despois dun paseo recoméndase especialmente probar os viños da Denominación de Orixe Ribeiro que, xunto coas famosas roscas, amendoados e melindres fan as delicias dos máis esixentes padais. E son de grande orixinalidade os doces hebreos que se elaboran nesta vila.
Máis Información: Oficina de Turismo, Praza Maior, teléfono: +34 988 471 275 ou en info@ribadavia.com
 
 


Concello de Ribadavia web oficial

castelán
inglés
alemán
portugués
francés
chat ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
ffetish.video
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín