Página de inicio de ribadvia  
   
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico Ribadavia
zonas de interés de Ribadavia
Fiestas y Teatro en Ribadavia
guía turística local
más información de Ribadavia
   
  Domingo 24 de julio de 2016
Aquisición de entradas: http://entradas.abanca.com/es/Detalle/MIT-RIBADAVIA-2016
Hasta el día antes de cada espectáculo - www.servinova.es - Tel. 902 504 500

13:00 – Ruadavia
Ibuprofeno Teatro – Fitness – Galicia – : espectáculo itinerante polas rúas de Ribadavia (saída da Praza Maior).

Autoría: MARIÁN BAÑOBRE E SANTIAGO CORTEGOSO
Dirección: SANTIAGO CORTEGOSO
Intérpretes: MARIÁN BAÑOBRE
Indumentaria-caracterización: MARIÁN BAÑOBRE
Público recomendado: TODO
Tipo de espectáculo: CLOWN DE RÚA ITINERANTE
Duración: 45 MIN.
Web: www.ibuprofenoteatro.blogspot.com

Sinopse:
Fitness é un espectáculo itinerante no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes, que se verán trasladados a situacións fóra da dinámica cotiá.
Desde o humor e a sutileza dunha clown muda, ofrécese un retrato crítico de certos clichés contruídos socialmente arredor do universo feminino, relacionados coa obsesión polo aspecto físico, o coidado do corpo e a saúde, detrás dos que hai emocións máis íntimas como a autoafirmación ou a soidade.

____________________________________

23:00 – Auditorio do Castelo.
 Chévere – Eroski Paraíso – Galicia –

Autoría: Chévere
Dirección: Xron
Axudante de dirección: Arantza Villar
Escrita: Manuel Cortes
En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cris Iglesias, Fidel Vázquez e Luis Martínez
Técnica: Fidel Vázquez
Música: Terbutalina
Espazo Sonoro: Xacobe Martínez Antelo
Escenografía e vestiario: Chévere
Público recomendado: Público xeral
Tipo de espectáculo: Comedia documental
Duración: 85 min.
Web: http://redenasa.tv/es/residencias/eroskiparaiso
Sinopse:

Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25.
Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Logo emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración.
Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.

___________________________________

1:00 – Igrexa da Madalena.
Matarile Teatro – El cuello de la Jirafa – Galicia – Programa especial do 30 aniversario de Matarile Teatro.

Non teño fillos. Non teño pais. A veces son unha árbore. Podo ser un animal.
Unha figura en movemento, sombra. Prescindo das flores.
Asemellan flores no cabelo, pero non o son.
Un día de xullo soleado, unha muller fumando, o barullo das tabernas. A sensación de que vai pasar unha banda.
Non podo parar, non pódome deter.
As veces penso que a cada minuto todo cambia a pasado e, sen embargo, outras veces sinto que o pasado sempre volve e nunca se finaliza.
Queres unha amorodo?

domingo Fiesta de la Historia Fiestas del Portal

Galego
 
Libro de visitas de www.ribadavia.net
Chat de Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto