Página de inicio de ribadvia  
   
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico Ribadavia
zonas de interés de Ribadavia
Fiestas y Teatro en Ribadavia
guía turística local
más información de Ribadavia
   
Miércoles 20 de julio de 2016

21:00 – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura
Marie de Jongh, Teatro Arriaga e Tartean Teatroa– Amour – Euskadi – .

Nome da compañía: Marie de Jongh
Autoría e dirección: Jokin Oregi
Intérpretes: Pablo Ibarluzea, Ana Martínez, Anduriña Zurutuza, Javier Renobales, Ana Meabe.
Deseño do espazo escénico: Elisa Sanz.
Iluminación: Xabier Lozano.
Son / música: Pascal Gaigne
Indumentaria-caracterización: Elisa Sanz
Público recomendado: A partir de 7 anos.
Tipo de espectáculo: Xestual sen texto.
Duración: 50 min.
Web:www.mariedejongh.com
Sinopse:
Uns nenos xogan no país onde todo empeza. Afánanse en descubrir o mundo transformando o seu universo. Imitan aos maiores, con audacia e desenfado. Atrévense a amar sen saber cal é o seu verdadeiro significado. Non dubidan en se enemistaren antes, incluso, de encontrar a palabra odio nos seus petos. Saben de olores, pel, caricia, abandono, refuxio, desexo. Non saben do tempo.
E de súpeto, transcorreron máis de sesenta anos.
Agora, envellecidos, sacan dos petos multitude de palabras que caen coma follas murchas. Saben de olores, pel, caricia, abandono, refuxio, desexo. E, paradoxalmente, non dudidan en se enemistaren cando xa coñecen o verdadeiro significado de amar. Saben do tempo. O que non saben é que o amor sempre nos dá unha oportunidade.
AMOUR é un ambicioso reto que pretende por en valor o teatro que se pode gozar conxuntamente entre cativos e maiores. O teatro como lugar de encontro para compartir emocións e reflexións, dúbidas e certezas. Teatro de adultos para nenos e nenas e teatro infantil para adultos
.

 

23:00 Auditorio do Castelo.
TeatroCinema, Fondart, Fundación Teatro a mil, Teatro de la Universidad Católica, Festival de Edimburgo, Institut Français de Santiago, Valook, Litoralpress, ONDA, Svenska Filminstitutet et le mécénat en nature de l’entreprise Box’Air e Scène Nationale de Sète et du Bassin de Thau – Historia de Amor – Chile

Dirección: Zagal
Autor da Novela : Régis Jauffret
Adaptación teatral : Zagal e Montserrat Q.
Tradución ao español : Carlos González Guzmán
Elenco : Julián Marras e Bernardita Montero
Dirección de Arte : Vittorio Meschi e Laura Pizarro
Deseño Integral : Luis Alcaide, Cristián Mayorga, Laura Pizarro
Música Orixinal : Zagal
Deseño Banda de Son : Matías Del Pozo
Dirección Multimedia : Montserrat Q. A
Deseño de Iluminación : Luis Alcaide
Story Board : Vittorio Meschi, Abel Elizondo
Asistencia de Dirección : Laura Pizarro, Montserrat Q. A
Asistente de Deseño integral : José Manuel Aguirre
Deseño e programación Multimedia : Mirko Petrovich
Debuxo e Modelado 3D : Vittorio Meschi, Max Rosenthal
Animación e Post Produción : Ilana Raglianti, Sebastián Pinto
Operador de Iluminación : Luis Alcaide
Operador de Vídeo : Lucio González e Montserrat Q. A

Público recomendado: a partir de 17 anos
Tipo de espectáculo: Teatro
Duración: 90 minutos
Web: www.theatredesete.com/theatre-de-sete/principal/la-fabrique/la-fabrique-des-artistes/teatrocinema

Sinopse:
É unha historia de amor, pero unha historia bastante particular. Escrita polo novelista francés Régis Jauffret, une irremediablemente a un home cunha tal Sophie, no metro. Unha muller que o home seguirá e violará unha primeira vez, logo continuará co seu fervor psicótico, ata que ela remata someténdose a contraer matrimonio con el, coma unha usura.

Aquisición de entradas: http://entradas.abanca.com/es/Detalle/MIT-RIBADAVIA-2016
Ata ó día antes de cada espectáculo - www.ataquilla.com - Tel. 902 504 500

domingo Fiesta de la Historia Fiestas del Portal

 

 

 

 






 

 

 

 

 

 

 

 

 

Galego
 
Libro de visitas de www.ribadavia.net
Chat de Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto