Página de inicio de ribadavia  
   
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico Ribadavia
zonas de interés de Ribadavia
Fiestas y Teatro en Ribadavia
guía turística local
más información de Ribadavia

 

 
Sábado 23 de julio de 2016

12:00 – San Cristovo. SputMIT
Limiar Teatro – Don Quixote, unha comedia gastronómica – Galicia – (Programa L – Apoio ás novas compañías)

Nome da compañía: Limiar Teatro
Autoría: Sergio Macías
Dirección: Nuria Gullón e Fran Núñez
Intérprete: Fran Núñez
Deseño do espazo escénico: Pablo Iriarte e Fran Núñez
ESP: Jose Manuel Núñez
Produción: Cris Alonso e Candi Álvarez
Público recomendado: Familiar
Tipo de espectáculo: Teatro gastronómico
Duración: 50 min.
Web: www.limiarteatro.com
Sinopse:
Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.
Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o "Potaxe de vixilia" O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Alguén quedará sen probar vos garavanzos?

__________________________________

20:00 – Francelos.
Limiar Teatro – Don Quixote, unha comedia gastronómica – Galicia – SSputMIT. (Programa L – Apoio ás novas compañías)

Nome da compañía: Limiar Teatro
Autoría: Sergio Macías
Dirección: Nuria Gullón e Fran Núñez
Intérprete: Fran Núñez
Deseño do espazo escénico: Pablo Iriarte e Fran Núñez
ESP: Jose Manuel Núñez
Produción: Cris Alonso e Candi Álvarez
Público recomendado: Familiar
Tipo de espectáculo: Teatro gastronómico
Duración: 50 min.
Web: www.limiarteatro.com
Sinopse:
Don Quixote é unha comedia gastronómica que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a esta exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes.
Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o "Potaxe de vixilia" O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Alguén queda

 

23:00 h. Auditorio do Castelo

Oskaras Koršunovas Theatre (OKT, Teatro Municipal de Vilna, Lituania) – A Gaivota – Lituani.

Nome da compañía: OKT/Vilnius City Theatre

Autoría: Anton Chekhov

Dirección: Oskaras Koršunovas

Intérpretes:
IRINA ARKADINA – Nele Savicenko
TREPLEV – Martynas Nedzinskas
SORIN – Darius Meskauskas
NINA ZARECHNAYA – Agnieska Ravdo
SHAMRAYEV – Kirilas Glusajevas
POLINA – Airida Gintautaite
MASHA – Rasa Samuolyte
TRIGORIN – Darius Gumauskas
DORN – Dainius Gavenonis
MEDVEDENKO – Giedrius Savickas

Deseño do espazo escénico: Oskaras Koršunovas
Iluminación: Eugenijus Sabaliauskas
Son / música: Gintaras Sodeika
Indumentaria-caracterización: Dovile Gudaciauskaite
Público recomendado: Maiores de 16 anos
Tipo de espectáculo: Drama
Duración: 3h con intervalo
Web: www.okt.lt

Sinpose:

Escenificar a Antón Chéjov é, en palabras deste afamado director europeo, “diagnosticar as enfermidades do noso tempo, as pingas da nosa alma, empregando entoacións coma escalpelos. Para un actor e unha actriz, adentrarse nas obras de Chéjov debe ser algo similar ao traballo dun médico tomando o xuramento hipocrático, porque cada momento nun drama de Chéjov é unha metástase do destino. Por desgraza, a miúdo a paixón, o amor, os celos, o odio e o presente nas obras de Chéjov foron silenciados, afogado na néboa das elexías intelectuais menores, charlas de mesa de té, coa vida simplemente pasando. Pero todo iso non é máis ca unha visión académica e, de facto, unha censura propiamente política. En verdade, a vida non pasa polas pezas de teatro de Chéjov – a vida ábrese para os personaxes e para o público con toda a potencia do seu amor e do seu horror existencial ". Afirma con sentido crítico Oskaras Koršunovas. O director e o seu grupo de actores tratan de chegar á esencia mesma da obra, que a miúdo estivo oculta debaixo dos traxes adornados, decorados suntuosos ou entoacións elevadas.

Aquisición de entradas: http://entradas.abanca.com/es/Detalle/MIT-RIBADAVIA-2016
Ata ó día antes de cada espectáculo - www.ataquilla.com - Tel. 902 504 500

domingo Fiesta de la Historia Fiestas del Portal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Galego
 
Libro de visitas de www.ribadavia.net
Chat de Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto