Página de inicio de ribadvia  
   
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico Ribadavia
zonas de interés de Ribadavia
Fiestas y Teatro en Ribadavia
guía turística local
más información de Ribadavia
   
Viernes 22 de julio de 2016

21:30 – Igrexa da Madalena.
Matarile Teatro – Teatro invisible – Galicia – Programa especial do 30 aniversario de Matarile Teatro

Nome da compañía: Matarile Teatro
Autoría: Ana Vallés
Dirección: Ana Vallés
Intérprete: Ana Vallés
Deseño do espazo escénico e iluminación: Baltasar Patiño
Son / música: Baltasar Patiño
Indumentaria-caracterización: Matarile Teatro
Público recomendado: Adulto
Tipo de espectáculo: Teatro
Duración: 75 minutos
Web: www.matarileteatro.net

Sinopse:
En decembro de 2012 a ESAD convidou a Ana Vallés a un encontro con alumnado de Dirección escénica para falar sobre as formas teatrais de Matarile. Este encontro concretouse nunha conferencia de apariencia teatral que deu lugar a un coloquio, e a partir desta experiencia decídese desenvolver Teatro Invisible, onde se mostran as principais claves do teatro de Ana e de Matarile. Unha boa opción para achegarse á compañía á que a MIT 2016 adica unha sección especial polo seu 30 aniversario.

_________________________________

20:00 – Ruadavia:
Visitants – Lluvia de palabras – Camunitat Valenciana – espectáculo itinerante polas rúas de Ribadavia (saída da Praza Maior).

Nome da compañía: Visitants-La medusa
Autoría: Tomás Ibáñez, Sonia Alejo
Dirección: Tomás Ibáñez
Intérpretes: Mamen Agüera, Sonia Alejo, Ana Lacruz, Rubén Rodríguez, Ferran Garrigues, Jose Carlos Bellver, Tomás Ibáñez,
Indumentaria-caracterización: Elu Escrivá
Público recomendado: Todos os públicos
Tipo de espectáculo: Intervención deambulante teatral
Duración: 60 min.
Web: www.visitants.com
Sinopse:
Intervención itinerante próxima ao espectador para espazos de todo tipo á que a compañía lle dá o contido temático que máis interesa para cada ocasión e contexto. Neste caso, Lluvia de palabras achégase aos poemas de Manuel María coa perspectiva dunha compañía valenciá e ao tema da violencia de xénero, un dos eixos temáticos desta MIT 2016.
Cunha estética impactante e sedutora, entre seis e oito personaxes, desprázanse cuns paraugas dos que penduran textos que son ofrecidos ao espectador e interpretados polo actor ou actriz que ten diante.

 

 

23:00 Auditorio do Castelo
Pelmànec – Don Juan – Cataluña

Nome da compañía: COMPANYIA PELMÀNEC
Autoría: PACO BERNAL e MIQUEL GALLARDO
Dirección: MARÍA CASTILLO
Intérprete: MIQUEL GALLARDO
Deseño do espazo escénico: XAVIER ERRA
Iluminación: FIORELLA GIUDICESSI
Son / música: PEP PASCUAL e MIQUEL GALLARDO
Indumentaria-caracterización: SUSANA SANTOS e ROSER PUIG
Público recomendado: +12
Tipo de espectáculo: TEATRO DE ACTOR e TÍTERES de TAMAÑO NATURAL
Duración: 75 min.
Web: http://pelmanec.com
Sinopse:
Un Don Juan vello, esgotado por unha longa e disoluta vida, e burlado pola morte que lle escapa, retírase a vivir a un convento franciscano a esperar que se cumpra o seu destino. Alí coñecerá a Jacobo, un fraile novo que viviu desde o seu nacemento apartado do mundo. Jacobo é o encargado de velar pola saúde de Don Juan e, malia que en principio o fraile novo teme ao misterioso hóspede, pouco a pouco o seu medo irase convertendo en admiración ao escoitar as súas historias.
Todo iso é observado celosamente desde a escuridade polo Padre Luis, o prioiro do convento e responsable das menciñas que toma Don Juan para curar unha misteriosa enfermidade.
Durante a súa estadía na cela do convento, Don Juan deberá enfrontarse ao seu turbio pasado, ás mulleres que enganou e, cómo non, aos espectros das mortes que deixou tras de si.

_________________________________

Aquisición de entradas: http://entradas.abanca.com/es/Detalle/MIT-RIBADAVIA-2016
Ata ó día antes de cada espectáculo - www.ataquilla.com - Tel. 902 504 500

domingo Fiesta de la Historia Fiestas del Portal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Galego
 
Libro de visitas de www.ribadavia.net
Chat de Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto