A
intención é ofrecer ós veciños de
Ribadavia a posibilidade dun achegamento experimental ós
procesos de traballo necesarios para producir certos productos
no horizonte da artesanía actual.
A proposta de colaboración feita pola Fundación
Festa da Istoria ó Museo Etnolóxico foi acollida
con interese por esta última institución, co ánimo
e o apoio da Delegación Provincial da Consellería
de Cultura, Comunicación e Turismo.
Para materializar estes obradoiros acordouse, por parte da Fundación
Festa da Istoria e o Museo etnolóxico, utilizar o espacio
do patio do Museo, que constitúe un lugar excelente para
estas actividades no tempo de vran.
O traballo sobre o coiro como materia elaborada da curtición,
a tranformación do barro en olas, cacharros e recipientes,
a talla da madeira como técnica e como arte ou a cestería
nalgunhas das súas aplicacións e modalidades centran
a temática dos obradoiros programados.O
barro amarelo de Niñodaguía logrou merecido prestixio
ata o extremo de producir unha cerámica fortemente
demandada nas |
|