Visitas
Guiadas:
Ribadavia monumental
Percorrido
completo polo Conxunto histórico de Ribadavia, declarado
Ben de Interese
Cultural. Un paseo con encanto pola historia destas vellas rúas
onde se poderá gozar do románico, gótico
e barroco con visita ás distintas igrexas, ó castelo
e a todo un mundo de ouro en pedra.
Prezo: 3€/pax (inclúe a entrada ó castelo e
ás igrexas de Santiago, San Xoán e Santo Domingo
e ó final da visita haberá unha degustación
do bo viño do Ribeiro). De luns a sábado de Xullo
ás 19:00 hs.
Menores de 16 anos con DNI e acompañados de maiores: gratis.
Inscrición na Oficina de Turismo de Ribadavia.
O barrio Xudeu.
Unha forma de percorre-la xudería Ribadaviense e o Centro
de Información Xudea de
Galicia. Ademais de degustar os diferentes doces hebreos elaborados
pola repostera Herminia e licores da bisbarra.
Prezo: 3€/pax (inclúe a entrada ó CIXGA, a
degustación de doces hebreos e licores ou viños
da Comarca).
Menores de 16 anos con DNI e acompañados de maiores: gratis.
(de martes a domingo ás 12:30 hs.)
Inscrición na Oficina de Turismo de Ribadavia. Tfno: 988
47 12 75
c.e: turismo@ribadavia.é
Visita ás adegas do Ribeiro
Outra
forma de coñecer todo o proceso de transformación
dun dos motores da comarca, o viño. Nesta visita poderás
observar e vivir en directo o mundo da viticultura de O Ribeiro.
A oficina de Turismo ofreceralle as distintas alternativas de
adega industrial ou colleiteiro que mellor de adecúe ás
súas necesidades para poder coñecer tódolos
recovecos deste proceso.
Inscrición na Oficina de Turismo de Ribadavia. Tfno: 988
47 12 75
c.e: turismo@ribadavia.é
Visita ó castelo
Visita
á antiga necrópole do castelo e á vella fortaleza
que foi reinado de Galicia durante
o rei García I abandonado no século XVII cando os
Condes de Ribadavia fixan a súa residencia no Pazo dos
Conde sito na Praza Maior da Vila. A muralla deste castelo conserva
aínda 3 das súas 5 portas.
De luns a sábado (a partir do 15 de Xullo): visitas dende
a Oficina Municipal de Información Turística ás
10:30, 11:30, 12:30, 13:30,17:00 e 18:30.
Domingos e festivos: ás 10:30, 11:30, 12:30, 13:30.
Prezo 1€/pax. (salvo os menores de 16 anos acompañados
dun adulto.
Visita ó centro de información Xudea de
Galicia.
Nesta
breve excursión poderás observa-la interesante exposición
permanente sobre a vida, costume, oficios e relacións entre
xudeos e cristiáns en Galicia ao longo da historia.
Prezo: 1€/pax. (salvo os menores de 16 anos acompañados
dun adulto).
De luns a sábado: de 10:00 a 14:30 hs e de 17:00 a 19:30
hs.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00 hs.
|