| |
|
XLVII
Feira do Viño do Ribeiro
(2, 3 e 4 de xullo de 2010)
|
Ribadavaia,
enxalzará outra edición máis a XLVII Feira
do Viño do Ribeiro por medio dunha cita do 2 ó
4 de xullo, na que estarán presentes un total de 28 adegas,
18 delas de colleiteiros no recinto ferial da Alameda e un número
similar no posto de degustación.
Entre as novidad es
do programa, podemos destacar, o nome da pregonera, a actriz
Camila Bossa Pereira, moi coñecida polo seu papel de
Belinda a serie televisiva «Mareas Vivas» e unha
extensa filmografía cinematográfica
A
inauguración será o venres, ás 19.00 horas,
e correrá a cargo da ministra de Medio Ambiente, Elena
Espinosa, e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez,
mentres que no acto de clausura e a entrega de premios, -da
cata oficial e da popular e dos escaparates-, está confirmada
a presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijoo.
Os
días previos á celebración da Feira do
Viño, do martes ó xoves, s ubstituíndo
ás tradicionais xornadas técnicas do consello
regulador desenrolarase, en colaboración coa UNED Ourense
e co Centro de Estudios Medievais, un curso sobre «A Cultura
do Viño na Idade Media».
O xoves, ás 20.30 horas haberá ademais a primeira
de varias actuacións musicais, ó coincidir na
vila a celebración dun curso intensivo de músicos,
que completan unha programación, que este ano destaca
polo seu marcado carácter musical. O orzamento, rolda
os 80.000 euros un gran descenso con relación a anos
anteriores.
Un dos aspectos nos que se notará este escaso orzamento,
será en que non haberá mercado artesanal, ó
non poder reunir un número mínimo, aínda
que si haberá postos de artesanía.
.-
Programa de actos 2010 (pdf):121 kb
-
Stand de Colleiteiros e Adegas 2010 (pdf):65 KB
|
Dende
hai máis de 40 anos, celébrase en Ribadavia a "FEIRA
DO VIÑO DO RIBEIRO", declarada de interés turístico
nacional. Miles de persoas de toda Galicia e outras rexións
españolas danse cita aquí para degustar os nosos
apreciados e sabrosos caldos a finais de Abril principios de Maio.
Na feira compróbase a evolución na elaboración
e presentación de este "Gran producto do Ribeiro",
que alcanza altas cotas, tanto a nivel nacional como internacional.
Os viños do Ribeiro, contan cunha sona e tradición
milenarias e constitúen unha parte |
|
|
|
|
fundamental
da historia e da cultura da comarca natural do mesmo nome, situada
na zoa occidental da provincial de Ourense, na confluencia dos
ríos Miño, Avia e Arnoia. Frescos, lixeiros e transparentes,
con sorprendentes combinacións de exquisitos aromas florais
e afroitados, os viños do Ribeiro posúen unha acusada
personalidade que os fai completamente diferentes.
Os viños da comarca do Ribeiro, están acollidos
a denominación de Orixe Ribeiro, garantindo o Consello
Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a súa
calidade. Este consello controla , regula e supervisa
tódalas fases de proceso productivo do caldo,
|
 |
 |
esixindo
un rigoroso examen na súa laboura.
Estos viños pódense acompañar calquer tipo
de xantar, recomendando os brancos para os pescados e mariscos
e os tintos para carnes lixeiras e cocidas.
Máis información en: Consello
Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.
|
|