Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Rueiro (un pequeno percorrido por Ribadavia)
Dende a praza Maior podemos iniciar o percorrido por Ribadavia ou a Floravia de Otero Pedrayo. Nela o Pazo dos Condes, A Torre do Concello e as edificacións porticadas dan fé do urbanismo xenerado nesta vila a partires do seu maior esplendor no século XVI. Dende aquí podemos facer un itinerario polas oito igrexas e as catro parroquias que ordenaban a trama urban de Ribadavia dividindo en barrios o seu caserío.
As prazas da Madalena, San Xoán e García Boente dan acollida nos seus entornos ós templos románicos de Santiago e San Xoán ou a chamada Casa da Inquisición, con singular fachada blasonada.
Dende o recinto amurallado disfrutamos de boas  vistas  sobre  o  río  Avia  cuio  mirador
rueiro de Ribadaviarueiro de ribadavia
máis  privilexiado  é  a Ponte de San Francisco, onde se alza o convento Franciscano de San Antonio.
Lindante co peche amurallado, pola zona sur atopámonos o Castelo dos Sarmiento e próximo a él, o convento gótico de Santo Domingo. Disfrutar dunha copa de Ribeiro, coa repostería da vila, aumentará o bo sabor da visita do seu conxunto histórico monumental.
Actividades recomentables para coñecer perfectamente a vila e non perder detalle na súa historia e famosos viños, pode participar nas visitas guiadas que se realizan habitualmente, dende a oficina de Información e Turismo de Ribadavia, sita na Praza Maior.






 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín