| |
|
O Centro Galego de Barcelona foi o día 11 de abril o
escenario da exaltación da denominación de orixe
Ribeiro, grazas ó acto de presentación oficial
da edición número corenta e catro da Feira do
Viño do Ribeiro, que se celebrará en Ribadavia
do 28 de abril ó 1 de maio de 2007.
Once
adegas, seis industriais e as cinco restantes de colleiteiros,
deron a coñecer así os viños da última
colleita e amplían mercado para a súa promoción
fóra de Galicia.
A
presentación do certamen vitivinícola correrá
cargo de Xosé María Campos, periodista especializado
no mundo da viticultura, aínda que o acto estará
dirixido por Toni Cotado, relacións públicas do
Centro Galego
barcelonés.
Na
presentación intervirán o alcalde de Ribadavia,
Marcos Branco e o presidente do consello regulador de Ou Ribeiro,
Xosé Antonio Bouza Escudero, como coorganizadores da
Feira do Viño e xa confirmaron a súa asistencia,
entre outros, a concelleira de Relacións Institucionais
e Cidadás de Barcelona, Caty Carreiras, Joan Augado,
director xeral do Incavi e Luis Lambas, presidente do centro,
como anfitrión.
Programa
de actos de la XLIV Feira do Viño do Ribeiro
(arquivo
pdf).
Premios da cata oficial- lista de ganadores da XLIV Feira
do Viño:
Adegas:
rlancos:
1º Señorío da Vila de bodegas Docampo, 2º
Mouchiño de bodegas Rivera , 3º Pazo do Mar de la
bodega del mismo nombre.
Tintos:
1º Viña Amoriño de bodegas Docampo , 2º
Bantiño Único (Bodegas Barbantiño), 3º
Viña Docampo de bodegas Docampo.
Colleiteiros:
Brancos:
1º Quinta do avó, de adega Parenta García,
2º Lagar de Meréns, de José Meréns,
3º Finca Teira de Manuel Formigo de la Fuente.
Tintos:
1º Viña do Avó (Antonio Cajide), 2º
Viña Sameirás (Antonio Cajide), 3º Tarabelo
de Benito Eladio Rodríguez Fernández .
Na cata popular o público decidiu que os mellores viños
da última vendima foran, con mención non no premios,
Cunqueiro Tercer Milenium de bodegas Cunqueiro, Pazos de Ulloa
de la Cooperativa e Teira X de Manuel Formigo de la Fuente en
brancos e en tintos Sameirás, Bantiño Único
e Alén da Istoria da Cooperativa.
|
Dende
hai máis de 42 anos, celébrase en Ribadavia a "FEIRA
DO VIÑO DO RIBEIRO", declarada de interés turístico
nacional. Miles de persoas de toda Galicia e outras rexións
españolas danse cita aquí para degustar os nosos
apreciados e sabrosos caldos a finais de Abril principios de Maio.
Na feira compróbase a evolución na elaboración
e presentación de este "Gran producto do Ribeiro",
que alcanza altas cotas, tanto a nivel nacional como internacional.
Os viños do Ribeiro, contan cunha sona e tradición
milenarias e constitúen unha parte |
|
|
|
|
fundamental
da historia e da cultura da comarca natural do mesmo nome, situada
na zoa occidental da provincial de Ourense, na confluencia dos
ríos Miño, Avia e Arnoia. Frescos, lixeiros e transparentes,
con sorprendentes combinacións de exquisitos aromas florais
e afroitados, os viños do Ribeiro posúen unha acusada
personalidade que os fai completamente diferentes.
Os viños da comarca do Ribeiro, están acollidos
a denominación de Orixe Ribeiro, garantindo o Consello
Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, a súa
calidade. Este consello controla , regula e supervisa
tódalas fases de proceso productivo do caldo,
|
 |
 |
esixindo
un rigoroso examen na súa laboura.
Estos viños pódense acompañar calquer tipo
de xantar, recomendando os brancos para os pescados e mariscos
e os tintos para carnes lixeiras e cocidas.
Máis información en: Consello
Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.
|
|