inicio ribadavia.net  
 
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Festa da Istoria (26 de Agosto de 2017)
A actual versión da Festa da Istoria é unha traslación no tempo da celebrada nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxen do Portal, Patrona do Ribeiro. Dentro dos obxetivos básicos da Festa da istoria, sobresaen a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra.
A istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa se esqueceron, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, cesteiros, e un longo etcétera.
A organización da Festa é responsabilidade dun amplo colectivo vecinal, que se renova cada ano, denominado Coordinadora da Festa da istoria.
Está composta por vecinos que, uns a título individual e outros coma representantes de diferentes organizacións culturais do municipio, queren contribuir, asumindo
rei da festa da istoria de ribadavia
xigantes (don pedro e doña ana) no desfile na praza maior na festa da istoria de ribadavia
xadrez xigante na praza maior na festa da istoria de ribadavia
rei e fillo no trono na praza maior de ribadavia na festa da istoria
multitude na praza maior o dia da festa da istoria en ribadavia presentacion dos cabaleiros ante os reis da festa no campo da feira na festa da istoria de ribadavia
responsabilidades a desenrolar ás distintas actividades que se realizan o día da Festa. O criterio de traballo baséase sempre en manter o rigor histórico que debe ter cada actividade ou acontecemento que se represente.
Así téñense en conta as características e os nomes das edificacións e lugares onde se fai calquera actividade, para respetalas coma no medievo, non permitindo a circulación de productos non existentes naquela época, coma os envases de plástico,etc. Tamén dase unha especial importancia á vestimenta. A coordinadora da Festa ,   conta   con   tres 
torneo medieval na festa da istoria en ribadavia baile medieval que se celebra na praza maior na festa da istoria en ribadavia
almacéns   propios   onde se ubican as diferentes posesións das que dispón. Así o almacén de madeira contén todo o correspondente os postos de artesáns, torneo mediaval, vallas, etc. O de roupa, dispón de máis de mil traxes para aluguer e vestimenta de convidados e membros que participan no evento.
E o almacén de estandartes e barro posúe máis de cincocentos estandartes e pendóns que serven para engalanar as rúas, o castelo, e lugares onde se fan outras actividades coma a cea medival, a voda xudea, a música medieval, o teatro ...  
Máis información na web oficial da festa da istoria: http://www.festadaistoria.com  














 
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín