Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Festas do Portal Ribadavia 2009 (do 7 ao 12 setembro)

Estas festas son fundamentalmente locais. Unha das partes máis representativas dCartel fiestas del Portal 2009estas festas é a procesión da Virxe do Portal (patrona da vila de Ribadavia), que é acompañada por gran cantidade de fieis e devotos e da Banda a Lira de Ribadavia.
Así mesmo, o día anterior confecciónase unha gran alfombra con pétalos de flores, elaborada pola asociación de "Mulleres Rurais".
Un amplo repertorio de actividades lúdicas para distintos gustos e idades convida a gozar das Festas do Portal de Ribadavia, que arrincan o vindeiro luns 7 de setembro co tradicional pasarúas a cargo da Banda A Lira da capital do Ribeiro. Dende entón e ata o sábado día 12, desenvolveranse unhas intensas datas festivas.
A área recreativa da Veronza acollerá o día festivo local, martes 8 a celebración da romaría popular das festas do Portal. Os asistentes disporán de servizo de comida a partir das 13:00 horas e na sobremesa, a charanga Sorcha e os xogos populares animarán ós que se acheguen ata a Veronza.alfombra en honor a virxe do portal na rua do progreso en frente ao castelo de ribadavia
Ademais do tradicional anuncio do comezo das festas e do aProcesion Virgen del Portal  Ribadaviacompañamento de actos relixiosos, os fogos artificiais iluminaràn a noite de Ribadavia cunha gran tirada que se celebrará dende a Alameda o martes día 8 ás 24 horas.
Estas festas tamén contarán co Certamén de Bandas Populares como en anos anteriores, así como charangas e grupos de música (Grupo de Álvaro Muras, AID, o grupo ourensán Coanhadeira ou grupos de música Folk como Guezos). Para culminar o sábado 12 de setembro e como prato forte contarán coa presenza do grupo M-CLAN as 23:00 h. na explanada do Instituto, polo módico prezo de 5 €. Venda de entradas en Oficina de Turismo, establecementos Hosteleros de Ribadavia e na web de CaixaNova www.servinova.es

 





 

 

 

 


 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín