A
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia contará este
ano con 24 compañías de Alemaña, Brasil,
Portugal, Arxentina, Galicia e o resto de España, en actuacións
d istribuídas
entre o Castelo, a Igrexa da Madalena, a Casa da Cultura, as rúas
da vila e os barrios do municipio.
A pregoeira desta edición será a actriz galega María
Bouzas. O acto de lectura levarase a cabo durante a inauguración,
o sábado 19 ás sete do serán.
O
alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge, o concelleiro de Cultura,
Anxo Collarte, e o director da MIT, Rubén García,
presentaron o día 25 de xuño de 2008 o listado dos
espectáculos de Alemaña, Brasil, Portugal, Arxentina,
Galicia e o resto de España que estarán na Mostra
Internacional de Teatro de Ribadavia entre o 19 e o 26 de xullo
A
programación divídese entre as actuacións
no Castelo, as vangardas na
Igrexa da Madalena, as creacións para nenos na Casa da
Cultura, os espectáculos de rúa e as obras nos barrios
Salientamos
, Familie Flöz quepropón unha comedia negra de máscaras,
Circolando unha performance poética e visual, Camut Band
un hipnótico espectáculo de danza e Teatro en el
Aire un baño tradicional musulmán reservado para
o público feminino, as últimas montaxes de Familie
Flöz, Camut Band, Uroc, Meridional ou Circolando, son unha
performance de perruquería creativa. Outro
espectáculo destacado será Aeroplanos, a última
creación de Lagarta Lagarta. A compañía de
Ernesto Chao (nativo de Ribadavia) acode á MIT en calidade
de gañadora do premio do público na edición
do ano pasado.
“Estamos
poñendo as bases para que a do próximo ano sexa,
coincidindo co 25 aniversario, todo un salto cualitativo”,
asegurou Marcos Blanco Jorge, destacado que, este ano, a MIT contará
con servizos coma o de venda electrónica de entradas. Anxo
Collarte destacou, pola súa parte, a calidade dos espectáculos
polos que aposta a MIT, que na súa maior parte son estreas
para o público galego.
P ola
súa parte, o director da MIT, Rubén García,
expresou o seu convencemento de que a programación da MIT
2008 “está feita para todos os públicos”.
Neste sentido, o auditorio do Castelo acollerá os espectáculos
de maior tirón popular, mentres que as obras máis
innovadoras van centralizarse na Igrexa da Madalena. Os nenos
e as nenas terán o seu espazo na Casa da Cultura, e as
rúas da vila converteranse nun escenario para a liña
de programación titulada Ruadavia. Os barrios terán
tamén o seu protagonismo cun espectáculo itinerante
que os percorrerá durante varios días.
Reserva de Entradas:
As entradas poden mercarse na oficina da MIT, situada na rúa
García Penedo, ao lado da praza Maior de Ribadavia. Como
novidade para esta 24 edición, os tickets poden comprarse
a través do servizo de venda de localidades de Caixanova,
na páxina www.caixanova.es, ou no teléfono 902 504
500. Tamén se poderán mercar entradas xusto antes
dos espectáculos. Para as funcións do Castelo, previstas
para as 23.00h., a taquilla estará aberta desde as 21 ás
22.30h.
Os prezos son
os seguintes:
Castelo: Entradas numeradas (Bloques 1, 2 e 3): 5 € (4 €
para desempregados, estudantes e xubilados).
Entradas sen numerar (Bloques 4 e 5): 4 € (prezo único).
Igrexa da Madalena: 5 € (4 € para desempregados, estudantes
e xubilados).
Casa da Cultura: 1 € para nenos e nenas; 2 € adultos.
O resto dos espectáculos son de entrada libre.
Programa oficial
da XXIV Mostra Internacional de Teatro Ribadavia.
|