Inicio  
 estadísticas ribadavia.net  
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Mércores 22 de Xullo de 2009

10:00 Curso de Interpretación. Will Keen. Casa da Cultura.
_________________________________

SputMIT, SATÉLITES DA MOSTRA (EN FRANCELOS E SAN ANDRÉS)

Tristán cara de can, Compañía do elefante elegante. Galicia-Portugal.

Mércores 22, 20:00, Francelos.
Xoves 23, 20:00, San Andrés.

• Dirección e interpretación: María Torres e Gonçalo Guerreiro
• Escenografía: Caroline de Chaunac
• Dramaturxia: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Hélène Gibert e François Kah
• Vestiario: Natacha Belova
• Marioneta: Tabo Ayala
• Iluminación: Germán Gundín
• Tipo de público: De 2 a 12 anos
• Duración:
Comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. Os personaxes falan unha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción. O espectáculo conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrancar o seu corazón para nunca máis sofrer e deullo a un páxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle saíron como el esperaba. Tristán non deixou de sufrir, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata así... Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

_________________________________


 

RUADAVIA Alameda
Uma rampa para ti. FIAR. Portugal.

Mércores 22, 20:00 h.

• Dirección e produción: Dolores de Matos
• Intérpretes: Aurélien Chaillou, Bernardo Chatillon, Isadora Branco e Sofia Figueiredo
• Dramaturxia e espazo escénico: Luciano Amarelo
• Escenografía: Branko Potocan
• Figurinos e fotografía: Rita Melo
• Acompañamento plástico: Marta Carreiras
• Música:
• Iluminación: João Cachulo
• Vídeo: Rita Melo e Alberto Carvalhal
• Formadores: Ana Mira, Branko Potocan, Fanny Soreano, Marie Anne Kergoet e Zoë Maistre
• Público recomendado: Todos os públicos
• Duración:
O lugar onde nos atopamos é un lugar en desequilibrio onde homes-bichos / bichos-homes soñan a escorregar para dentro. O espectáculo Uma Rampa Para Ti trata do encontro á procura dunha linguaxe contemporánea que cuestione as fronteiras de diferentes expresións artísticas que se cruzan e dialogan. Estes son algúns dos puntos de partida para a creación dun universo onde converxen as técnicas circenses, dos aéreos ao clown, da teatralidade á danza. A compañía procura a través do cruzamento destas linguaxes un universo colectivo creado a través da mudanza de estímulos e de innúmeras inquedanzas.

_________________________________

CASTELO

S.M.S. (Strange Music Simphony). Microband. Italia-Suíza.

Mércores 22, 23:00

• Director:
• Intérpretes: Luca Domenicali e Danilo Maggio.
• Escenografía:
• Vestiario:
• Iluminación:
• Son:
• Público recomendado: Todos os públicos
• Duración: 70 min.
Cunha longa experiencia ás súas costas, Luca Domenicali e Danilo Maggio continúan xestando espectáculos cómicos con música. Microband é considerada unha das formacións internacionais de maior prestixio na comedia musical, moi populares en Suíza e Alemaña. En S.M.S. elaboraron unha delirante sinfonía con sorprendentes interpretacións das músicas máis variadas, na que os violíns se tocan con arcos invisibles, as guitarras transfórmanse, as frautas aparecen da nada, nun dioivo de notas, de gags e de incribles intervencións.

Feira do Viño venres domingo martes xoves sábado Festa da Istoria Festas do Portal










 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín