As
20:00 h. na Praza Maior-(Ruadavia)
Fafá
Brasil
Perruquería artística: Cécile Ribas, Fafá
Franco. DJ: Nick Prescott.
Unha
excéntrica perruquería con DJ na que a creación
e a fantasía visual e sonora non teñen límite:
Sienta la cabeza recicla e transforma obxectos cotiáns
en tocados especiais, recreando xunto coa música un universo
de paisaxes, escena se toda clase de desvaríos que a imaxinación
poida suscitar. Un espectáculo que pon os pelos de punta!
|
|
As
23:00 h no Castelo
Camut Band - La vida es ritmo
Cataluña
Creación e dirección: Camut Band.
Con Toni Español, Néstor Busquets, Guillem Alonso,
Rafael Méndez, Lluis Méndez, Enric Torné.
La
vida es ritmo é un espectáculo no que se mesturan
a percusión africana, o tap
dance, a voz e o baile sobre area. Durante máis dunha hora,
seis intérpretes xogan cos seus papeis, intercambian as
súas habilidades e mesturan ritmos para conseguir un espectáculo
orixinal, sorprendente e tan cheo de enerxía que fai que
os espectadores teñan ganas de erguerse e poñerse
a bailar.
|