Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
 
Adega Terra do Castelo  

A Adega Terra do Castelo recolle a produción de 104 socios cooperativistas, donos de aproximadamente 200 hectáreas de viñedos. Os seus obxectivos son uni-los coñecementos da terra, coa tecnoloxía máis alta existente na actualidade.
As instalacións están deseñadas con intencionalidade de futuro, albergando a mellor tecnoloxía disposta no medio máis eficaz, fusionando pedra, madeira e elementos autóctonos. A súa arquitectura captou dende o primeiro momento a tradición da rexión e trasladouna ós espazos interiores, de forma que aínda dentro de, sempre permanece a sensación de estar nun medio da nosa historia. Viños que comercializa:
Terra do Castelo.TREIXADURA.
Froito da selección das nosas mellores uvas da variedade treixadura, nace este viño de forte personalidade varietal, equilibrado, corpóreo e longo.
Acompañante ideal de toda a cociña tradicional.
Terra do Castelo.SELECCIÓN.
Das mellores vides dos nosos viñedos, despois dun riguroso seguimento e estrito control da produción, a uva obtida é sometida a maceración en frío, e só a partir do mosto de flor resultante, condúcese a fermentación a temperatura moi baixa para obter un viño de maior expresividade, ó que se confire unha personalidade inconfundible tras crialo sobre as súas leas finas.
Terra do Castelo.MENCÍA.
Froito da esmerada selección e aplicando as técnicas máis modernas de elaboración nace este viño de espírito ledo e amable.
Acompañante ideal de toda a cociña tradicional.

 
 
Localización  
Ctra Ribadavia a Carballiño, km. 4 Beade -Ourense
 
Contacto  
+ 34 988 471 522 - Fax. + 34 988 471 502
     
Máis información   web oficial en: http://www.terradocastelo.com

 

 

 


 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net -Actualizada a 24/07/2008- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín