Casa
familiar do século XIX e rehabilitada recentemente, situada
no pobo de Fiscás (Concello de Carballeda de Avia) a
5 minutos de Ribadavia. Historias de ata 3 xeracións
gardan as paredes desta casa construída en pedra e madeira.
A casa é unha edificación de 3 plantas. A primeira
planta conta cun comedor cun aforo de ata 20 comensais, un baño,
unha cociña e un salón con cheminea (antigamente
estanza onde se gardaban os apeiros de labranza).
A segunda planta componse de tres habitacións
dobres con baño, unha delas adaptada para minusválidos
e unha cociña, cuia característica principal é
o seu antigo forno de leña onde se cocía o pan.
A terceira planta conta cunha suite dotada de habitación,
salón-comedor e baño, cun espectacular teito de
madeira que lle da un ambiente acolledor.