Festa
Flower Power, 2 de xuño de 2007
O
día 2 de xuño e en colaboura cos establecementos:
Restaurante Puchero, La huella del gato, Rebus Bar, O Morto,
Wendal, Dende Monxas, Fíxose d’noite, Berlín,
El bajo, Aljama, Aquelarre, Sefirot y Pub La Lola, levarase
a cabo a Festa Flower Power, Revive o espíritu que levas
dentro dos años 70.
Disfrázate como nos 70. ¡Participa! E disfruta
dunha gran noite inesquecible e sobre todo diferente.
| Exposición
"Foto Chao" dende o 25 de abril ao 30 de xuño
de 2007 |
A
Consellería de Cultura e Deporte fixo a adquisición
por 180.000 € do arquivo "Foto Chao", que será
incorporado á sección de fotografía etnográfica
do Museo Etnolóxico de Ribadavia. Este arquivo está
constituído por 365.679 imaxes que
abranguen a produción dunha saga de fotógrafos
que traballaron en Ribadavia durante todo o século XX.
Trátase de cen anos de fotografías de Ribadavia
e da comarca do Ribeiro no seu conxunto, recollida polas cámaras
dos herdeiros de Serafín Rodríguez.
O arquivo inclúe varias temáticas: unha ampla
serie referente ao álbume familiar (retratos, fotos de
bautizos, primeiras comuñóns,
casamentos
e mesmo defuntos); outra á vida social de Ribadavia;
outra adicada a acontecementos políticos ou sociais;
actividades relixiosas; fotos feitas para enviar á emigración
(sobre todo en Avión); retratos de grupos de amigos en
actividades lúdicas; imaxes do interior de oficinas ou
comercios; fotos de industrias madeireiras; e outras relativas
a obras públicas, como pode ser a construción
do encoro de Castrelo de Miño. Ademais do fondo estrictamente
fotográfico, na colección adquirida inclúese
tamén un valioso conxunto de materiais e cámaras
fotográficas.