Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
XXXVII Campeonato de España de Inverno. Castrelo de Miño
      O Clube Náutico Castrelo de Miño ultima os preparativos para acoller o Campeonto de España de Inverno que contará coa participación de 102 clubes e 900
palistas dende a categoría cadete ata veteranos nas modalidades de K-1 e C-1.
A
presentación oficial do evento terá lugar mañá xoves 16 de marzo ás 13:15 hoas na Deputación de Ourense coa presenza do campeón Olímpico "David Cal".
A xornada matinal do sábado 18 comenzará coas probas clasificatorias de 2000 m. en linea con saídas en tandas de 5 piragüistas para continuar coas finais sobre 5000 m. na xornada de serán e o domingo pola mañá ata as 13:30 h. momento no que se celebrará a entrega de trofeos coa presenza das autoridades locais o do deporte galego. Cabe destacar a participación da élite do piragüismo nacional.
Así en K-1 DAMA SENIOR loitarán polas medallas Teresa Portela, Jana Smidakova, María Pérez e Ana Varela sin descartar a outras como Beatriz Manchón. En C-1 SENIOR a loita estará entre o campeón olímpico David Cal, Alfredo Bea e David Mascato que contarán co empuxe de Xóvenes como o ourensán Pablo Blanco ou os irmáns David e Daniel Costa.
En K-1 SENIOR destacan Diego Cosgaya, Manuel Busto, Francisco Llera ou Pablo
Baños.
Estos eventos están financiados pola Deputación de Ourense, a
Federación Galega de Piragüismo e o Clube Náutico Castrelo de Miño.


 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín