Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Mostra Fotográfica de Cristina García Rodero
Dende o día 8 de marzo, queda inuagurada a exposición de Cristina García Rodero, co Título de "A peregrinación de Santiago en Haití", contando coa presencia do delegado provincial de Cultura. A Mostra, producida polo Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, e unha selección de imaxes que a fotógrafa realizou en diversos viaxes por Centroamérica e as Antillas na década dos 90.
As fotografías recollen unha das manifestacións de sincretismo relixioso máis profundo do planeta, combinando a expresión cristián de culto a Santiago con ritos e trances do vudú africano. Varias de estas imaxes xa foron expostas no ano 2003 no Museo de Arte Moderno de Nova York, e outras xa visitaron Ribadavia da man de unha conferencia que impartiu a autora hai un par de anos.
Cristina Garcia Rodero (Puerto Llano, Ciudad Real, 1949), está considerada como unha das fotógrafas de maior relieve e transcendencia creativa de España. A súa sensibilidade e curiosidade cara ós mundos que explora, xunto cun continuado e elaborado traballo fotográfico levado a cabo o longo dos años, fan que as súas fotografías irradien unha forza sobrecolledora sin caer no exhibicionismo nin no artificio. As imaxes de Cristina García Rodero son potentes pero reais, froito dunha paisón pola vida e as persoas,e nas que os funambulismos técnicos non teñen cabida. Por eso mirar a obra de esta fotógrafa é como asomarse ás vidas e os sentimentos de quen retrata, unindo as culturas e as sensacións sin que as fronteiras e as distancias actúen como barreira.
A traxectoria de Cristina García Rodero está plagada de premios, como o Premio Planeta de Fotografía, Foto Profesional de Madrid , World Press Photo , Premio Nacional de la fotografía, Forum Iberoamericano de Fotografía de la Habana, e un longo etc.
A fotógrafa efectuou numerosísimas exposicios individuais tanto en España como en diferentes países europeos e americanos: México, Francia, EEUU, Portugal, Inglaterra, Italia, Alemania, Venezuela, Polonia, etc.





 



 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín