Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Premio Abrente para Textos Teatrais 2006
Coa intención de incentiva-la creatividade no ámbito do teatro por ser unha das formas artísticas de maior incidencia social e, en lembranza dos "Premios Concurso - Abrente", o Concello de Ribadavia convoca o Primeiro Premio Abrente para Textos Teatrais 2006, de acordo coas seguintes:

Casa sede Abrente RibadaviaBASES (pdf)

Primeira - REQUISITOS
Poderán optar ó premio tódolos autores de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en lingua galega normativa.

Segunda - PREMIOS
Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.000 euros.
O Concello publicará a obra premiada, reservándose durante un prazo de doce meses os dereitos de editala e de representala e, entregará ó gañador vintecinco exemplares.
O Concello poderá contratar unha compañía teatral galega para realiza-lo montaxe e representación da obra premiada, sen que isto supoña unha compensación complementaria para o autor.

Terceira - PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS
As obras serán de tema e extensión libres e, presentáranse por quintuplicado,Rubén García Director de la Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en exemplares separados, mecanografiados a dobre espazo, en tamaño DIN A4, por unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados.
Os orixinais presentaranse baixo un título e un lema, acompañados de plica na que conste o título e o lema no seu exterior e contendo no interior o nome e apelidos do autor, a súa dirección, nacionalidade e número de teléfono.

Cuarta - PRAZO E LUGAR DE ADMISIÓN
O prazo de admisión de orixinais remata o día 30 de xuño e deberán enviarse á seguente dirección: Concello de Ribadavia, Praza Maior s/n 32400 - RIBADAVIA (Ourense) indicando no sobre "I Premio Abrente para Textos Teatrais 2006"

Quinto - XURADO
O xurado presidirao o Alcalde do Concello e formarán parte del: Sra. Concelleira, presidenta da Comisión de Cultura e Educación; o Director da Mostra Internacional de Teatro e tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito teatral. O nomeamento do xurado farao o Sr. Alcalde, e actuará como secretario a persoa elexida por maioría, entre os membros integrantes do xurado.
A composición do xurado farase pública con anterioridade á súa reunión, co fin de que poidan interpor, se é o caso, os recursos legais pertinentes.

Sexta - COMUNICACIÓN DO DICTAMEN
Os participantes terán a obriga de comunicar ó Concello a concesión de calquera premio que obteña a obra presentada, no momento en que esta situación prodúzase, dará lugar á súa exclusión do concurso.
O xurado actuará en pleno, en sesión de ser posible única, sendo necesaria a asistencia dos dous terzos dos seus membros.
As deliberacións serán segredas e delas redactarase o acta correspondente. A obra gañadora será escollida entre dúas obras finalistas, sendo a gañadora a que obteña un mínimo de catro votos. O veredicto do xurado será inapelable.
Sendo unha das posibilidades deste concurso a posta en escena da obra premiada, estimaranse positivamente os factores que incidan na súa viabilidade escénica; número de personaxes, condicións técnicas,...
O xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia deste Concello que, é o órgano competente para resolve-lo premio.
A decisión do xurado terá lugar o día 24 de xulio, e darase a coñecer nos distintos medios de comunicación.
A plica correspondente á obra que resulte finalista poderá ser aberta polo secretario do xurado co fin de que, se o seu autor permíteo, poida darse a coñece-lo nome do finalista.

Séptima - RETIRADA DE ORIXINAIS NON PREMIADOS
Os orixinais non premiados poderán ser retirados das oficinas do Concello no prazo de 30 días naturais a partir do seguinte ó da decisión do xurado. Aqueles orixinais que non sexan retirados no prazo indicado pasarán a formar parte dos fondos do Concello. Unha vez utilizados os sobres dos datos persoais para a finalidade descrita serán destruídos sen máis.

Octava - ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín