inicio  
 
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia
   
Casa do Concello e Torre do Reloxio
A fachada de esta casa, neoclásica data do s. XIX, como decía Murguía, “sin ser notable sobre todo polo seu pórtico, que é Renacemento, así como bonito e curioso companario do reloxio, de ferro labrado, bastante rico e digno de conservarse.
Sobre o arco da porta campean as armas dos sarmiento e as de Ribadavia”. Según Vicente Risco “Ten a un lado unha escaleira, moi curiosa, ten tres corpos superpostos, abaixo, porta de arco, no segundo, dous escudos, un en branco e outro co sol e a lua sobre un castelo, e no fondo ondas, no terceiro, una fiestra e un reloxio de sol na esquina e remata en frontón triangular con xarrón e ánforas no vértice e nas acróteras, respectivamente”. Foi construída na década 1545-1555. A historia lembra que os oficiais para a construcción do edificio foron: o mestre canteiro Pedro Gómez e os  carpinteiros Xoán Leal e Esteban González,dándose comenzo ás obras a mediados do ano
torre reloxio de ribadavia
concello  de ribadavia vista frontal
lateral concello de ribadavia
escudos torre  eloxio de ribadavia
campa do reloxio do concello de ribadavia con vistas de ribadavia
1545 posto que en outubro de ese ano o Procurador Xeral da Vila, o prateiro Glau de Mosquera, entregou ó citado canteiro “para el pago de la Casa de Regimiento, que dicho Pedro Gómez hace, VEINTE DUCADOS” Esta Casa tamén fixo funcions de Alhondiga.
Con relación ó reloxio debeu ser cambiado por outro no ano 1781, toda vez que na sesión municipal do 19 de abril de dito ano dase por rematada a fundición do reloxio público, e disponse que a campá do mesmo leve a inscripción: “Verbum caro Factum est. Xptus.    Vincit.    Xptus.    Regnat.    Xptus. Ymperat. Xptus. Ab omni malo nos diferendat"   dunha  nova máquina para o reloxio foi adquirida por acordo do Concello do 1883.
maquinaria do reloxio da torre do concello de ribadavia
Posteriormente  foi  vendida no ano 1902 a un particular por DEZASETE PESETAS pasando a ser sustituida pola maquinaria actual. Así mesmo, ó reloxio hai que darlle corda todolos días. Esta   corda  débese  dar  con unha manivela en duas zoas, unha para as horas e outra para as medias.
A das medias consta de doce voltas e a das horas son aproximadamente 142 voltas,todo con manivela, que levanta uns pesos, dende máis abaixo do nivel da praza maior.
O encargado de facer este traballo e mantemento do mesmo (Javier Fdez Casas- pai do que suscribe), leva máis de 36 anos o cargo, sin faltar un só día, xa que a corda de este reloxio aguanta entre 28 e 30 horas aproximadamente.















 
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín