Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia

 

 
Capela do Portal
No lugar donde hoxe se ergue esta capela houbo unha ermida baixo a advocación de Sta. María de Valparaiso, máis dende o século XVII coñécese co nome de igrexa da Virxe do Portal.
A advocación a esta virxe, patrona de Ribadavia e do Ribeiro, foi fomentada polos monxes dominicos, cuio convento sitúase perto deste fermoso santuario.
O templo foi construído en tres etapas claramente diferenciadas, que van dende o século XVII ó XIX.
Nas sucesivas ampliacións traballaron importantes mestres como Diego de Guemez ou Juan Martínez Pita.
No exterior, destaca a sobria fachada neoclásica feita en 1875, mentras que no interior sobresae a bóveda e o retábulo barroco feito en madeira de ciprés no ano 1737, e que garda no seu corpo central unha excelente imaxen da Virxe do Portal, a quen se venera con fervor tódolos anos nunha romería que se fai o 8 de setembro,
capela dende a rua  do portal de ribadavia
traseira da capela do portal de ribadavia
capela do portal de ribadavia
frontal capela do portal de ribadavia
traseira capela do portal de ribadavia lateral capela do portal de ribadavia
a que acuden multitud de fieis.
Durante unha semana, coincidente con esta data celébranse as festas patronais de Ribadavia. Nestas festas sacan a virxen de esta capela e paséana por Ribadavia, sendo un dos actos relixiosos máis importante.
 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín