inicio  
 
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Museo Etnolóxico
Denominado tamén Casa da Fundación, este museo tivo distintos usos, ate foi colexio no que impartían clases os irmáns Maristas (ate o ano 1936). Posúe unha importante biblioteca formada por fondos propios e varios legados, entre eles, os dun coñecido personaxe moi querido en Ribadavia, “Jesús Sánchez Orriols” chamado agarimosamente Chucho; este legado conta cun interesante fondo sonoro de música clásica, Pop, jazz, música latinoamericana e Folk, ademais dun amplo fondo bibliográfico no que destaca a colección de novela negra e obras de diferente contido, filosofía, socioloxía, política, antropoloxía...
Outras doazóns son por parte da agrupación cultural Abrente (fondo bibliográfico, documental, museográfico, serigrafías e pinturas, 1 escultura e 12 pezas de cerámica). Familia Meruéndano cun interesante fondo para o estudo da Historia de Ribadavia e o ribeiro.

museo etnoloxico, ao fondo a torre da igrexa de santiago
patio do museo etnoloxico de ribadavia
vision lateral do museo etnoloxico de ribadavia
patio do museo etnoloxico de ribadavia
biblioteca doada por  jesus sanchez  orriols (chucho na foto da dereita) no museo etnoloxico de ribadavia vista aerea do museo etnoloxico dende a torre da igrexa de san francisco de ribadavia
E M. Rubén García Álvarez que destaca pola documentación ligada a estudos medievais de Galicia; en ámbolos dous hai que salientar a importante recompilación de prensa local antiga: Noticiero del Avia, El Avia, El Obrero, y El Ribadaviense.
A Biblioteca do Museo está especializada en etnoloxía, etnografía, antropoloxía económica, antropoloxía social e cultural, fotografía, museoloxía e museografía, historia de Galiza.

Unha parte importante dos fondos bibliográficos do Centro pódense consultar no
vision museo etnoloxico dende extramuros de ribadavia exposicion de teatro no museo etnoloxico de ribadavia
catálogo on line na seguinte dirección de internet:
http://catalogo.rbgalicia.org/search*gag~S20/Z
Actualmente o museo conta cunha exposición “semipermanente”: Seguindo o fío. A tradición téxtil en Galicia, na que se fai un percorrido pola tradición téxtil en Galicia, dende o Museo Ribadavia "Seguindo O fío"s. XVIII ate os nosos días.
Dentro do discurso pódense distinguir cuatro ámbitos: A importancia do cultivo do liño en Galicia, o “non traballo” feminino, a volta a tradición téxtil e a Identidade/folklorización no téxtil.
En colaboración coa Asociación de Amigos do Museo celébrase dende fai cinco anos sucesivas edicións de Albums para o reencotro.
 
Ribadavia e os ribadavienses, exposición que recolle unha escolma de fotografías Museo Ribadavia "Seguindo O fío"antigas cedidas polos propios veciños da vila e coas que cada ano se estudian distintos aspectos da vida da comarca.
Anualmente tamén, o Centro colabora coa Casa da Xuventude de Ourense no Outono Fotográfico, con fotografías de autor. Así mesmo mantén colaboracións anuais coa Fundación Festa da Istoria na exposición dos premios do concurso fotográfico que dita Fundación convoca tódolos anos.
A Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico e do Conxunto Histórico de Ribadavia ten tamén unha intensa actividade con publicacións semestrais: A Fundación, Fichas didácticas, Concertos e Exposición.
Luns e festivos, pechado.
Situación: Rúa de Santiago, 10 teléfono 988 471843
Información recopilada por: María Iglesias Armada.

















 

 

 

 

 

 
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín