Inicio
 estadísticas ribadavia.net
situacion de ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia
   
Denominación de Orixe Ribeiro
Concello de A Arnoia Concello de Beade Concello de Carballeda de Avia Concello de Castrelo de Miño Concello de Cenlle Concello de Cortegada Concello de Leiro Outros concellos da denominación de Orixe Ribeiro
A Denominación de Orixe Ribeiro, aséntase na comarca do mesmo nome da provincia de Ourense, zona bañada polos ríos Miño, Avia e Arnoia. Os viñedos desta denominación de orixe caracterízanse por estar en medio de campos cun clima temperado e húmido, terras cun baixo contido en cal, pero moi ricas en materia orgánica. Esta orografía, aínda que provoca menor rendemento da uva, aporta maior calidade, xa que os terreos son máis fértiles.
A pluviometría anual rolda os 890 litros por m2.
Esta denominación de orixe Ribeiro, conta cunha extensión, dentro do seu ondulado relevo e verde imponente de 3.000 hectáreas, distribuídas entre os municipios de Castrelo de Miño, Arnoya, Beade, Ribadavia, Carballeda de Avia, Cenlle, Cortegada, Leiro, Punxín e parte dos de Boborás, Ourense, Carballiño e Toén.
viñedos con uvas blancas
As variedades acollidas a esta denominación son 15, oito brancas: treixadura, torrontés, loureira, godello, albariño, alvilla, macabeo e palomino; e sete tintas: brancellao, ferrón, sousón, caíño, mencía, tempranillo e garnacha. Aínda que a columna vertebral do ribeiro é a Treixadura, de boa planta e productividade mediana (pode chegar ó 13%).
O 80% da producción corresponde a uva branca, aínda que a xuventude dos tintos do ribeiro non desmerece, sobre todo pola súa personalidade e as súas tonalidades bermellas.
Na actualidade o 55% da producción do ribeiro, fícase en terras celtas, 35% no resto de España (en especial, Madrid, Barcelona e Bilbao) e o 10% comercialízase no exterior (Europa e Latinoamérica), sen embargo o mercado que presenta maior

sede do consello regulador da denominacion de orixe ribeiro
viñedo con uvas blancas
crecemento é o estadounidense. Parte deste bo posicionamento do Ribeiro, ten relación coa protección control, promoción e marketing que o consello regulador desta denominación de Orixe realiza a través do seu regulamento vixente dende o ano 1976.
A web oficial do Conselle Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro é: http://www.do-ribeiro.com









 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net ----- Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín