|
|
O
papuxa”, é unha taberna moi típica de Ribadavia
situada na Porta Nova de Arriba, coñecida dentro e fora
de Galicia. Unhas das particularidades que ten esta taberna, é
que o cliente chega, senta ou queda de pé e sérvese
él mesmo. Hai variedade de productos de xantar, dende chourizos,
salchichóns e latas en conserva variadas, ademáis
de xamóns e viño do Ribeiro, de colleita
propia. Unha vez que o cliente se sirve e disfruta da estancia
e das particularidades que |
|
|
ten o interior da adega ou do exterior, xa que posee unha terraza
con unha parra, que no vran estase tan fresco como nun paraiso.,
debe informar ao dono da mesma e decirlle o que consumiu. “Aquí
ninguén controla a ninguén, todo vai con boa fe.
O que queira enganar e libre de facelo, como decía O Papuxa,
alá a conciencia de cada quen".
Existe un falar popular sobre o tunel existente no baixo da adega
que din que comunica coa desembocadura do Avia no Miño,
que era que na época na que os reis católicos expulsaron
ós xudíos que vivían na vila, éstos
escapaban por este tunel para non ser capturados.
Na actualidade este taberna está rexentada
pola filla do papuxa, Celsa Dávila, e as |
 |
veces ou fin de semáns por outro fillo chamado Pepe. A
historia que colleu este lugar tan típico e coñecido,
deulla o seu dono José Davila, que un día ó
nacer, o seu pai púxolle de nome PAPUXA, PAPUXIÑA,
PUPAXON, e dende aquela, sempre se lle chamou en tono agarimoso
“papuxa”"papusa". Naceu no ano 1918 e deixounos
no ano 2001.
Esta taberna é sitio de xuntanza para degustar os caldos
do ribeiro, e sobre todo para o disfrute do canto, e das parrafadas
que o viño deixa unha vez se transforma. Non agarde atoparse
sofás de coiro. Aquí hai bancos de madeira, e bombillas
de 60 W. Este entorno abstrae o visitante a outro mundo medieval
sendo unha das características principais do lugar. |
 |
|