Inicio  
  estadísticas ribadavia.net
situación de Ribadavia
patrimonio histórico artístico de Ribadavia
outras zonas de interés de Ribadavia
Festas e Teatro en Ribadavia
guía turística local
Máis información de Ribadavia


 
Outros Eventos
A vendima do Ribeiro As eleccións en ribadavia A noite Meiga en ribadavia  
Noite Meiga (1 de novembro de 2008)
Os máis novos e os non tan novos da vila, dilapidan imaxinación na noite máxica ribadaviense, a famosa “Noite Meiga”. Por quinto ano consecutivo, estos novos recuperan a vella tradición prácticamente desaparecida que xira en torno á festividade de todolos santos. Na mesma, realizánse espectáculos e actividades que teñen como principal atractivo o terror e a bruxería.
A partires das 22:30 h, estas persoas disfrázanse con roupas estafalarias e portando antorchas, encabezando un desfile pola vila.
A terrorífica e máxica procesión percorre as rúas céntricas de Ribadavia e o casco antigo, ata a praza mayor, onde se desenrolan actuacións de teatro, nárranse historias, quéimase a meiga mala e degústase a tradicional queimada. Ademáis de disfrutar do tunel do terror (unha das actividades máis tenebrosas nas que un gran número de persoas representan esceas de medo no castelo dos sarmientos) e de participar nos concursos de calabazas e disfraces.
Outro apartado do programa que tamén conta con moita demanda, é o “taller de
 

maquillaxe”, onde se logran cicatrices que causarían verdedeira impresión ata a un veterano médico de urxencias. A impulsora de este evento cultural, é a asociación “Ribadavia activa.T”, ademáis da asociación de hosteleros, o Concello de Ribadavia e diversos colectivos sociais.


Programa 2008
-18:00 h.: Contacontos para nenos/as “A Meiga dos Contos” na casa da Cultura.
-22:00 h.: Desfile Noite Meiga dende o Instituto á Praza Maior, coa participación do                grupo de percusión “Tabaleiros da Historia”, a Santa Compaña e demáis.
-22:45 h.: A Maxia de “Benxamín e Loli” (escapismos e grandes ilusións) no local social                da Madalena.
-00:00 h.: Queima da Meiga e Gran Queimada na Praza Maior.
-00:15 h.: Actuación de Contacontos GARI no Local Social da Madalena.
-01:00 h.: Actuación Musical de “Supersandwich” no Club Artístico (Entrada por                abaixo).
-20:30 ás 21:30 h.: Escola de Menciñeiros e Búsqueda da Pócima Segreda no Patio do                Instituto para nenos/as.
-23:15 á 01:00 h.: Obradoiro de Maquillaxe na Praza Maior. Prezo: 0,50 €
-23:15 ás 02:00 h.: Pasaxe do Terror no Castelo. Entrada polo Xuzgado. Prezo: 2 €

Concursos:
-Cabazas: Entrégalas nos soportais da Praza Maior dende as 23:15 ás 00:00. Premio:   50 € e un agasallo.
-Ambientación Locais Hostelería: O xurado visitará os locais antes das 22:30 h. desta   noite. Premio: Diploma e agasallo.
-Decoración Escaparates: O xurado visitará os establecementos antes das 22:30 h.  desta noite. Premio: Diploma e agasallo.
-Ambientación de Balcóns: Tódolos que queiran participar deben anortarse antes do  día 3 de novembro. Chamando o teléfono: 605 535 050. Premio: 50 € e agasallo.

Mercadiño:
- Mercado Artesanal nos soportais da Praza da Madalena e da Praza Maior.
- Doce Meigo e Licores, non te vaias esa noite de Ribadavia sen probalos ou   arrepentiraste.
- Mercado de Camisestas da Noite Meiga, Bolígrafos, Chisqueiros, Lotería de Nadal,   Chapas....na Praza Maior.

Exposicións:
- “De Medo” na Casa da Cultura dende o 20 de outubro ó 3 de novembro.
- Carteis Finalistas do Concurso de Carteis para anunciar a VIII Edición da Noite Meiga   no Aljama do 24 de outubro ó 16 de novembro.

Recomendacións:
...pedimos a tódalas persoas que non poidan vir vestidos de meigas, bruxos, trasnos,   ánimas do purgatorio, feiticeiras, lobisomes......
...veñan de cor negro para afastar os espíritus endemoniados que nos rondan nesta   noite máxica.....

Tódolos que queirades participar no desfile deberes estar ás 21:30 h. no ximnasio do Colexio Tomás de Lemos.
É imprescindible ir disfrazado.
.
Máis información en: www.noitemeiga.com

 

 

 

 

 

 

 

 
libro de visitas de ribadavia.net
chat Ribadavia turismo
Asociación Turística www.ribadavia.net - Actualizada 28/05/2007 - Optimizada para 800 x 600
© 23/03/2003 Xabier Fernández Davila - Colaboradores: Santos Pérez Madarnás, Héctor Pérez Souto
Traductores- Inglés: Ben Marchant, Katarzyna Zgierska; Francés: Jonathan Bosselet; Portugués: Susana Salgado; Alemán:L. Gulín